- Estes colectores estarían instalados en lugares e espazos públicos moi concorridos
A agrupación local Xuntos Carballo, a través do seu voceiro Xesús Deus Gende, propón a colocación de contedores específicos para poder reciclar, de xeito adecuado, as máscaras e luvas que usamos debido á pandemia provocada pola Covid-19.
Moitos cidadáns non teñen claro en que contedor deben depositar estes obxectos aínda que, por desgraza, non é raro ver algunhas máscaras tiradas polo chan co grave impacto que teñen para o medio ambiente. Por isto, para contribuír a unha correcta reciclaxe e ofrecer un mellor servizo á cidadanía neste ámbito, desde Xuntos Carballo apostan por instalar pequenos colectores en lugares e espazos públicos moi concorridos, sobre todo agora de cara ao verán, como xardíns, supermercados ou feiras.