Xuntos Carballo atende as queixas veciñais da parroquia de Bértoa

Estado do Refuxio de Bértoa_Xuntos Carballo.

O secretario local da agrupación municipalista Xuntos Carballo, Xesús Deus Gende, acudiu a parroquia de Bértoa para coñecer de primeira man a problemática, demandas e queixas veciñais dos lugares da citada parroquia e arredores.

Nesta ocasión os veciños e veciñas transmiten o seu malestar polo abandono da contorna do coñecido como «Refuxio de Bértoa», o cal cualifican de «lamentable». «Un fermoso lugar que está concebido para o lecer e goce da cidadanía, da paso a unha área grotesca pola falta de mantemento».

Desde a agrupación municipalista sosteñen que «cando te afastas do centro do pobo e moi palpable o esquecemento do rural por parte do actúal goberno». Cumpre pois que de maneira inmediata esta fermosa paraxe sexa acondicionada e pase a ser o lugar cheo de fermosura que outrora foi, reclaman.

Ademáis tamén reseñan a queixa dos usuarios da estrada que une Porto Rama en Bértoa co lugar do Aseñado, en Berdillo. Trátase dunha estrada que foi recentemente reparada e que se atopa de novo nun estado intransitable.

Estado da estrada que comunica o Cemiterio de Bértoa co lugar do Aseñado en Berdillo_Cedida.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha