- Durante a feira deste domingo habilitarán un posto na rúa Coruña para a recollida de firmas
A formación municipalista Xuntos Carballo M+J estará presente na vindeira feira dominical recollendo apoios para a regularización de persoas migrantes en España sempre que se cumpran uns requisitos: levar tres anos residindo no país, contar con polo menos seis meses de contrato laboral, non ter antecedentes penais ou xustificar unha boa convivencia e adaptación á cultura nacional.
«Esta Iniciativa Lexislativa Popular está enfocada a dar visibilidade a un nutrido grupo de persoas que aportan co seu traballo e esforzo a que economía do noso país medre», sinalan desde a agrupación, destacando ademais que depende de todos nós que «teñan os mesmos dereitos e obrigas que calquera outro cidadán».
A carpa para a recollida de apoios estará situada na rúa Coruña e nela estarán presentes os principais responsables locais e tamén o portavoz xeral de M+J a nivel nacional, Álex Plans, entre outros.