- A agrupación sinala que as formas actuais causan danos nos coches que intenta estacionar
Membros da formación municipalista ‘Xuntos Carballo por un mundo máis xusto’ achegáronse esta semana ata a rúa Vázquez de Parga para dar máis voz ás queixas da veciñanza relativas ás últimas obras que se acometeron na vía. O proxecto xa se iniciara con polémica ao coñecerse que se reducirían os carrís para vehículos habilitando ademais unha vía ciclista, pero desde Xuntos Carballo fan fincapé noutro problema: as formas rectas e puntiagudas dos bordos das beirarrúas que poden provocar danos nos coches ao intentar estacionar.
«Fai poucos días un usuario bateu coa roda do seu vehículo, pola noite e con pouca visibilidade, o que lle causou danos», destacan desde Xuntos Carballo, recibindo estes a indignación do condutor. Por este motivo a formación esíxelle ao goberno local que interceda para que a empresa construtora remate os bordos dun mellor xeito.