Xuntos Carballo demanda melloras na contorna do centro de saúde

1 minutes read
  • Entre as principais reclamacións da veciñanza tamén se atopa o estado das beirarrúas da rúa Doutor Gregorio Marañón

A agrupación municipalista Xuntos Carballo continúa recollendo as queixas de veciños do concello. Neste caso fai fincapé na necesidade de acondicionar os arredores do centro de saúde de Carballo ao tratarse «dunha zona moi concorrida, pois alberga tamén edificios municipais, Protección Civil ou a Delegación de Facenda».

A veciñanza lamenta o estado das beirarrúas da rúa Doutor Gregorio Marañón que «levan anos sen rematar, obrigando aos peóns a transitar pola vía», sinalan desde Xuntos Carballo, a maleza existente na contorna e a necesidade de ampliar as prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida.