Xuntos Carballo demanda o arranxo urxente da estrada Razo-Razo da Costa

Xuntos Carballo

O voceiro da formación local Xuntos Carballo, Xesús Deus Gende, e o responsable da área de obras da agrupación, José Luis Bardanca, mantiveron unha xuntanza con varios veciños da parroquia de Razo para comprobar de primeira man as queixas sobre o mal estado do firme da estrada que une Razo con Razo da Costa. “Un estado vergoñento, non só para os habitantes senón tamén para imaxe dun pobo tan concorrido por turistas”, sentenzan desde Xuntos Carballo.

Piden o arranxo urxente dun firme “cheo de fochancas que poden dar moitos sustos” e que ademais é unha demanda veciñal de fai tempo.