Xuntos Carballo demanda unha actuación «urxente» na vía da Grela

Xuntos Carballo

  • A formación asegura que o estado da estrada dificulta que peóns e vehículos poidan desprazarse pola mesma

O secretario de Xuntos Carballo por un mundo máis xusto, Xesús Deus Gende, visitou o lugar da Grela, na zona da ponte de Rosende, para dar conta do «vergoñento estado» no que se atopa a vía con «fochancas que fan case imposible pasar».

Desde a formación local solicitan unha «actuación urxente» por parte do Concello de Carballo que unha vez máis demostra o «abandono e esquecemento» das zonas menos urbanas. Ademais, Deus asegura que os veciños xa fixeron a correspondente reclamación no consistorio sen recibir ningunha resposta.