Xuntos Carballo demanda unha zona cuberta na escola infantil de Mirón, na parroquia de Bértoa

1 minutes read
  • Membros da formación achegáronse ata o lugar para falar con familiares dos pequenos

O secretario local e voceiro de Xuntos Carballo M+J, Xesús Deus Gende, e o responsable de Seguridade, Tráfico e Mobilidade, Perfecto Méndez Lema, achegáronse estes días ata a parroquia de Bértoa para dar conta de varias queixas en relación á escola de Mirón.

En concreto a veciñanza demanda unha cuberta na zona de xogos infantís exterior, unha «ansiada e reivindicativa» demanda dos familiares dos usuarios, quen non poden desfrutar das instalacións durante todo o ano. Tamén ven necesario dar unha capa de pintura a certos xogos e limpar a maleza no lugar.