- A principal demanda é a reparación do firme
O voceiro da agrupación Xuntos Carballo, Xesús Deus Gende, segue recollendo as demandas e queixas veciñais que, neste caso, proceden da rúa carballesa Manuel de Falla, onde os seus habitantes se sinten «esquecidos e ignorados» polo goberno local.
A formación local solicita que se acondicione o firme da vía debido ao seu mal estado, que se delimite cun pintado a zona da beiravía onde non haxa beirarrúa, a colocación de sinais de velocidade, unha maior limpeza na zona dos contedores do lixo (sinalan que hai vidro sen recoller dende hai meses), e cambiar a un maior tamaño a entrada do contedor de cartón.