Xuntos Carballo denuncia deixamento na limpeza de fincas

1 minutes read

A agrupación política carballesa emitiu un comunicado de prensa tras presentar un escrito no rexistro do Concello, a través do seu secretario local e voceiro Xesús Deus Gende, para que o goberno municipal, diante do que califican «clara deixadez na aplicación da lexislación vixente en vixilancia e cumprimento de limpeza de fincas con maleza e masas forestais, se proceda na maior brevedade posible a tomar as accións pertinentes para tratar de atallar esta problemática». Desde a formación afirman que ademáis de risco claro de incendio, son un foco de insalubridade en numerosos casos, coa crianza de serpes, ratas, etc. dificultando tamén o tránsito normal de persoas e vehículos. Cabe lembrar que a Lei obriga a manter unha franxa perimetral limpa de 50 metros arredor de vivendas e diferentes instalacións industriais.