Xuntos Carballo denuncia o abandono das estradas na Grela e na rúa Cemiterio Vello

Xuntos Carballo

  • Asegura que existe unha «discriminación» en función de onde se resida

A formación municipalista ‘Xuntos Carballo por un mundo máis xusto’ volve á carga contra o Concello. Nesta ocasión denuncia o «abandono das estradas carballesas» tras recibir de novo varias queixas dos veciños da Grela e da rúa Cemiterio Vello.

Desde a entidade afirman que hai «discriminación» dependendo de onde se resida, destacando que xa se tramitara o arranxo urxente do firme nestes lugares sen obter resultados. «Parécenos vergoñento que os gobernantes locais anuncien inversións de centos de miles de euros en diferentes zonas do concello namentras outras (que tamén pagan impostos) están no máis absoluto esquecemento», afirma o secretario xeral de Xuntos Carballo, Xesús Deus Gende.

Actuacións na rúa Carré Aldao

Por outra banda, a formación tamén solicita a reparación do firme da rúa Carré Aldao ao presentar «un grande número de fochancas que pon en risco o tráfico rodado».