Xuntos Carballo denuncia o abandono de espazos públicos e mobiliario

Cedida

  • Reclaman o mantemento dunha baranda de madeira en San Paio e a limpeza de maleza no refuxio de Bértoa

O secretario de ‘Xuntos Carballo por un mundo máis xusto’, Xesús Deus Gende, achegouse este martes ata San Paio, na parroquia de Entrecruces, para sinalar o «esquecemeto en varios lugar do noso concello en canto a mantemento de mobiliario público ou espazos de ocio».

Unha das queixas é a falta de acondicionamento nas barandas de madeira que forman parte do acceso á fervenza da parroquia carballesa. A agrupación sinala que estes elementos se atopan nun estado «deplorable» e «vergoñento» ao igual que o refuxio de Bértoa, onde «a maleza, xunto cun claro pasotismo en canto a mantemento por parte do consistorio, fan desta fermosa área de ocio un lugar onde os silveirais medran sen control poñendo en risco certas construcións alí existentes».