- Pide ao Concello un plan de rehabilitación para «devolverlles todo o seu esplendor»
O secretario local de Xuntos Carballo por un mundo máis xusto, Xesús Deus Gende, e o responsable de seguridade, tráfico e mobilidade, Perfecto Méndez Lema, percorreron varias zonas do concello para verificar o «estado de abandono» no que se atopan lavadoiros, muíños ou casetas antigas «que a este paso corren serio perigo de virse abaixo», sinalan. En concreto fan fincapé nos muíños de Entrecruces e os lavadoiros e casetas de Bértoa, estructuras que «merecen sen dúbida ser restauradas e protexidas» para que as novas xeracións coñezan máis da historia e cultura da zona.
Deste xeito, desde Xuntos Carballo solicitan ao Concello un plan de rehabilitación destas construcións para «devolverlles todo o seu esplendor».