Xuntos Carballo denuncia o mal estado de estradas na Alta de Rús

1 minutes read

O secretario local e voceiro da formación, Xesús Deus Gende, acompañado do representante para a parroquia, Juan Carlos Rey Pensado, achegáronse ata a Alta de Rús para coñecer en primeira persoa o estado en que se atopa unha estrada de dito lugar.

«Con data tres de Marzo de 2021, a formación municipalista presentou un escrito requerindo ao Concello o control das vías públicas cando tivera lugar unha tala de madeira. Posteriormente o consistorio colgou na páxina oficial, unha  publicación baseada na nosa reinvindicación, na que daba a coñecer a intención dun maior control deste tipo de actividade, pero vendo os firmes de diferentes vías, pensamos que foron tan só palabras baleiras. A normativa que foi aprobada con data 26/5/2014, e ben clara, pero por desgraza está sendo imcumprida reiteradamente».

A formación afirma que entre outros artigos son moi significativos os seguintes:

  • E obrigatoria a comunicación por  parte do madeireiro/a cunha antelación  mínima de oito días,onde se vai realizar,que vehículos van traballar.
  • A obriga de limpar, retirar ou eliminar, polas, tonas, barro, diariamente ao remate da xornada laboral.
  • Depositar unha fianza de 3.000 euros antes da realización da corta.
  • Os servizos técnicos municipais acompañados dos interesados/as, comprobarán o estado dos camiños e estradas mediante fotografías, para acreditar a súa realidade física.

«Asimesmo pedimos no mesmo escrito os datos relativos a cantidade de talas feitas, fianzas recollidas e onde se empregaron, porque moitos camiños non foron arranxados. Ata o día de hoxe, e case que un ano despois seguimos sen resposta».

Dende Xuntos Carballo por un mundo máis xusto piden novamente que o concello faga cumprir a normativa vixente e que se actúe con urxencia na estrada desta parroquia motivo desta queixa veciñal.