Xuntos Carballo pide a retirada dun vertedoiro nunha das entradas á vila

0 minutes read
  • O vertedoiro atópase nunha das entradas a Carballo pola estrada de Santiago

O secretario local e voceiro de Xuntos Carballo por un mundo máis xusto, Xesús Deus Gende, denuncia un vertedoiro de lixo situado na entrada de Carballo pola estrada de Santiago. A formación tamén reclama a falta de compromiso por parte do goberno local por non retirar ou acondicionar un taboleiro de publicidade gratuíta «esnaquizado» desde hai meses no mesmo punto, a pesar de que a formación xa pedira unha solución ao Concello.