Xuntos Carballo empeza un novo percorrido polas entidades sociais visitando Apem


O secretario xeral de Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto Xesús Deus Gende e o responsable de seguridade, tráfico e mobilidade Perfecto Méndez Lema, empezaron novamente a visitar as distintas entidades sociais presentes no concello. Fai máis dun ano que os mesmos integrantes da formación contactaron coas diferentes asociacións presentes no municipio, afirmando que “é fundamental ter unha comunicación constante e fluída, porque é aí onde coñecemos as inquietudes ás que se enfrontan as persoas máis vulnerables da sociedade. APEM foi a primeira asociación que visitamos hai tempo  e cuxo trato para connosco foi e segue sendo exquisito. En Xuntos Carballo M+J temos  moi presente todo o relacionado coa saúde mental, pois é un problema que está cada día máis presente entre a sociedade actual. A nosa admiración polo traballo que realizan. Estaremos ao seu lado en todo o que necesiten e estea na nosa man. Nos próximos días temos programadas novas visitas,que sen dúbida nos achegarán un maior coñecemento sobre os diferentes problemas sociais existentes”, sinalaba Xesús Deus Gende.