Xuntos Carballo inaugura este xoves a súa sede na rúa Desiderio Varela

Cedida

  • Grazas a un acordo coa Unión de Consumidores de Galicia tamén se prestará un servizo gratuíto sobre temas relacionados con recibos da luz ou auga, entre outros

Boas novas para Xuntos Carballo M+J. Este xoves, aproveitando o mercado na vila de Carballo, a formación municipalista abrirá a súa sede na capital bergantiñá en colaboración M+J Galicia. O local estará situado na rúa Desiderio Varela número 20.

«Entendemos que temos que dar un servizo á cidadanía, asociacións ou ONG presentes no noso concello e en Galicia», afirma o secretario xeral da agrupación, Xesús Deus Gende. Deste xeito, aqueles veciños que desexen aclarar dúbidas ou rexistrar queixas poden facelo de xeito presencial. Ademais, e grazas a un acordo coa Unión de Consumidores de Galicia, na oficina tamén se ofrecerá asesoramento técnico e gratuíto sobre recibos da luz, auga ou comisións bancarias entre outros temas. Será preciso pedir cita previa no 652 591 520 excepto os mércores, de 16 a 20.00 horas, e os xoves de 10 a 14.00 horas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha