Xuntos Carballo insiste nas melloras do barrio da Milagrosa

0 minutes read
  • Pide que se actúe na rúa Emilio González López e na pista deportiva

O voceiro e secretario da agrupación municipalista Xuntos Carballo, Xesús Deus Gende, achegouse ata o barrio da Milagrosa debido ás queixas veciñais relativas ao «moi lamentable» estado da rúa Emilio González López e do firme do campo de xogo que usan os máis pequenos para practicar deporte, cun chan de cemento que mesmo pode resultar «moi perigoso» para os usuarios.

Desde a formación tamén aseguran que xa lle solicitaran ao Concello que actuara na rúa Cemiterio Vello, pero «ata o de agora nada se fixo».