Xuntos Carballo M+J reuníronse con representantes do polígono de Bértoa

1 minutes read

Varios membros da formación municipalista Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto reuníronse con representantes da comunidade de propietarios desta área industrial para escoitar as súas reivindicacións.

«Foi unha toma de contacto moi interesante onde puidemos recoller diferentes demandas que consideramos xustas e necesarias para o desenvolvemento da actividade das empresas asentadas na zona. Movilidad, melloras nos accesos, urxencia na dotación de zonas de hixiene para os camioneiros no recentemente estreado aparcamento, a necesidade dunha báscula de pesada, peirao de carga e descarga, axilización nos trámites de novo chan dispoñible para a ampliación ou a tan ansiada circunvalación ocuparon un bo intre da conversación que levamos a cabo. Trasladámoslles o noso programa político e incorporaremos o exposto neste encontro. Agradecemos o bo trato recibido e loitaremos na medida do posible para lograr que as propostas sexan executadas o máis axiña posible», sinalaba o candidato da formación, Xesús Deus Gende.