A formación municipalista Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto segue coas visitas ás distintas entidades presentes na localidade. “Empezamos por Apem, a realizar unha nova toma de contacto con todas as asociacións de distinta índole. Nesta ocasión mantivemos unha breve charla coa Cruz Vermella e coas Anpas unitarias situadas nas antigas vivendas dos mestres/as, que por certo aínda necesitan medidas de seguridade exterior, e unha especial atención a un muro que está no alto estado de deterioración, polo que pode virse abaixo e causar danos importantes”.
“Agradecemos o bo trato recibido por parte das persoas que nos/nos atenderon.Consideramos imprescindible ter un contacto constante con cada unha das organizacións que fan un labor social extraordinaria. Seguiremos coas visitas pendentes segundo a dispoñibilidade das devanditas entidades, ata completar o percorrido por todas e cada unha delas”, sinalaba o representante da formación, Xesús Deus Gende.