Xuntos Carballo M+J atende as demandas da veciñanza do barrio da Milagrosa

1 minutes read

O secretario xeral de Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto Xesús Deus Gende, acompañado por José Luis Fraga Álvarez, colaborador para o barrio da Milagrosa da formación municipalista, recolleron varias queixas que lles transmitiron os veciños/as da zona. A primeira está relacionada coa falta de medidas de seguridade no edificio do Fórum, onde hai pouco caeu un anaco de revestimento, pois os valos están tirados de calquera xeito no chan, o que supón un risco para a integridade física das persoas. A segunda sitúase  nunha zona á beira deste mesmo inmoble, onde poden verse latas baleiras de bebida. Ademais a maleza campa ás súas anchas por diferentes lugares, ao que se une a falta de mantemento da área de descanso situada pola parte de arriba do complexo de servizos múltiples. Desde Xuntos Carballo M+J pedimos que se proceda a solucionar o máis rapidamente posible estas demandas veciñais que están a xerar indignación e malestar entre a veciñanza, conclúen.