Xuntos Carballo M+J atende as reclamacións de diversas carencias na parroquia de Oza

1 minutes read

O secretario xeral de Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto, Xesús Deus Gende e Fabián Aldao Sánchez, desprazáronse ata Oza acompañados pola responsable de zona Sandra Pérez Lorenzo, para atender diversas peticións. Unha vez alí afirmaron que «o vecinandario segue agardando pola mellora da estrada que une esta parroquia con Cances, porque o firme está en moi mal estado en certos tramos como no Rodo».

En Vilar de Uz o pavimento que fai relativamente pouco se acondicionou está levantado en varios tramos. Ademais no devandito lugar un sumidoiro botando a auga recollida á vía pública con bastante intensidade. A todo isto súmase o estado de abandono do antigo campo de fútbol, que actualmente é utilizado segundo os veciños/as para botellóns ou outro tipo acciones, que nada teñen que ver coa actividade para a que foi construído.

«Estradas sen arranxar unha e outra vez anunciadas, asfaltos recentes que se levantan, sumidoiros obstruidos, campos de fútbol abandonados mentres se invisten centos de miles de euros nos xa acondicionados… Outra parroquia que necesita melloras urxentes en moitas zonas. Esperemos que os actuais gobernantes solucionen o máis rapidamente posible os problemas máis graves, porque a este paso as súas promesas van converterse en auga de borraxes», sinalou Xesús Deus Gende.