Xuntos Carballo M+J, avanza e medra

2 minutes read

Esta fin de semana a formación municipalista Xuntos Carballo M+J avanzou de maneira significativa no seu proxecto de cara as vindeiras eleccións municipais, con novas afiladas/os que reforzan aínda máis este equipo de persoas que constitúen a agrupación carballesa. Un proxecto que medra cada día dende a humildade, acudindo alí onde a veciñanza solicita a súa presenza.

Esta sábado foron varios os integrantes que participaron na charla que se realizou no casino por parte da entidade medioambiental Petón do Lobo, en referencia ao proxecto eólico do monte Neme. Alí puideron coñecer polo miúdo e en primeira persoa o escenario que se presenta nesta zona e que posibles consecuencias pode traer consigo.

Posteriormente, coa presenza de altos cargos nacionais chegados dende Madrid, Bilbao e Ourense respectivamente, tivo lugar unha xuntanza na que se deron a coñecer as diferentes xestións realizadas nos derradeiros meses dende a anterior reunión, así como a presentación das novas incorporacións. Aproveitando a asistencia do portavoz nacional Álex Pláns e dos responsables de expansión territorial Rafael Fernández e de creación de sedes Jesús Barcina, tratouse o que axiña será unha realidade, a sede Galega de M+J Galicia. Avanzouse asimesmo no programa político con novas propostas saídas dos/as diferentes encargados das áreas, e coas aportacións que por distintas canles chegan a formación que sen dúbida son excelentemente recibidas.

Xá no domingo os diferentes cargos tanto locais como nacionais, procederon a recollida de sinaturas para a regularización de persoas migrantes en España. Repartiron folletos tanto da ILP como de presentación da formación. Unha fin de semana que fai que este proxecto avance e se consolide cada vez máis.

«Estamos profundamente agradecidos a toda a cidadanía carballesa polo seu apoio, polas súas aportacións e por crer en nós. Hóxe vemos que o que empezou fai tres anos con tanta ilusión, vai tendo os seus froitos e iso non sería posible sen o alento da veciñanza. Seguimos e seguiremos a o carón dun pobo que se merece ser escoitado e tido en conta na toma directa de decisións. Temos os medios económicos e técnicos para levar este equipo de persoas que conformamos Xuntos Carballo M+J a o máis alto, e non defraudaremos. O noso lema rigor, respecto e fraternidade, sinalou o responsable local da formación, Xesús Deus Gende.