Xuntos Carballo M+J chequea o estado dos barrios do Iglesario, Bosque e Milagrosa

2 minutes read

A formación municipalista Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto prosegue coa súa folla de ruta, e en está ocasión varios membros entre os que se atopaban Xesús Deus Gende, José Luis Bardanca, Víctor Manuel Fraga Arantón e o responsable de zona Perfecto Méndez Lema, percorreron os barrios carballeses de O Iglesario, O Bosque, A Milagrosa, A Brea e A Grela.

Como é habitual na agrupación, recolléronse diversas demandas veciñais transmitidas directamente ao charlar cos veciños/as que se atopaban polas diferentes zonas. Entre outras, «a cidadanía segue esperando pola reforma integral do parque da Milagrosa, anunciado en dúas ocasións, febreiro e agosto do ano en curso, pero que segundo o visto vai para longo». Neste espazo se bota moito de menos un mantemento adecuado vendo o estado en que se atopan os estanques e baldosas. As beirarrúas da rúa Verdillo tamén necesitan unha considerable mellora.

A rúa Compostela está nun estado «lamentable». Faise necesario eliminar o aparcamento de turismos fronte ao Bar Bastián ou do outro lado, a penas caben dous coches e é unha zona moi transitada por autobuses a Santiago e camións de todo tipo, que necesitan espazo para xirar ao saír ou entrar na rotonda, «parece mentira que os concelleiros que frecuentan o bar non se dean conta en tantos anos». O taboleiro de anuncios á beira da gasolineira dirección Santiago segue sen ser reposto tras un accidente meses despois. No mesmo lugar permanece tirada unha sinal de tráfico de precaución por ciclistas na calzada, podrecéndose. «Deberíase tomar iniciativa no municipal e instar a que se tome no que dependa da Deputación»

Na Brea segue sen arranxarse o aramado na zona de xogos ou os fortes cheiros de augas fecais. Pasos de peóns sen pintar, exceso de grava miúda na estrada da grela, beirarrúas sen acabar e nun estado deplorable na Av.Fisterra, sumidoiros profundos que danan rodas de vehículos, fochancas en diferentes rúas e estradas, un anaco de firme na rotonda do Fórum, vergoñoso, unha rotonda na rúa Fomento un tanto rechamante dada a súa localización e tamaño, suman outras moitas deficiencias.

«Visitamos novas zonas do centro urbano e arredores onde outra vez vese o abandono cando te afastas da parte máis céntrica. Como un dirixente dixo no seu día un dos piares fundamentais para o actual goberno municipal é a cultura. Estamos de acordo en que se traballe para que todo o relacionado coa nosa cultura se protexa o máximo posible, pero é necesario un maior investimento nos diferentes barrios e parroquias.

Grazas de novo aos veciños/as por trasladarnos diferentes reivindicacións e o bo trato recibido», sinalaba Xesús Deus Gende.