- Tamén solicita o acondicionamento da zona de lecer do parque Eduardo Pondal.
O secretario local e voceiro de Xuntos Carballo M+J, Xesús Deus Gende, acompañado do responsable de Obras, Servizos e Urbanismo, José Luis Bardanca, achegáronse ata Oza debido a varias queixas veciñais en relación ao mal estado da estrada que conecta a parroquia cos lugares de Rodo e Cances.
“Fai xa un tempo que se instalou o saneamento e o asfaltado que no seu día se lle botou para tapalo repisou bastante, polo que as arquetas sobresaen na vía e hai desniveis fondos que imposibilitan unha normal circulación», sinala Deus Gende.
Outra das demandas recollidas pola agrupación chega desde o parque de Eduardo Pondal onde “existen plaquetas do chan danadas que levan dado xa máis dun susto a persoas que camiñan pola zona”, afirman desde Xuntos Carballo, solicitando tamén novos elementos de mobiliario urbano.