Xuntos Carballo M+J demanda melloras viarias na parroquia de Oza

Xuntos Carballo M+J

  • Tamén solicita o acondicionamento da zona de lecer do parque Eduardo Pondal.

O secretario local e voceiro de Xuntos Carballo M+J, Xesús Deus Gende, acompañado do responsable de Obras, Servizos e Urbanismo, José Luis Bardanca, achegáronse ata Oza debido a varias queixas veciñais en relación ao mal estado da estrada que conecta a parroquia cos lugares de Rodo e Cances.

«Fai xa un tempo que se instalou o saneamento e o asfaltado que no seu día se lle botou para tapalo repisou bastante, polo que as arquetas sobresaen na vía e hai desniveis fondos que imposibilitan unha normal circulación», sinala Deus Gende.

Outra das demandas recollidas pola agrupación chega desde o parque de Eduardo Pondal onde «existen plaquetas do chan danadas que levan dado xa máis dun susto a persoas que camiñan pola zona», afirman desde Xuntos Carballo, solicitando tamén novos elementos de mobiliario urbano.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha