Xuntos Carballo M+J denuncia o mal estado das rúas Carré Aldao e Eduardo Pondal

1 minutes read

A formación municipalista emitiu un novo comunicado afirmando que nos últimos días foron varias as persoas que se puxeron en contacto con eles, para facerlle chegar a súa «indignación polo mal estado do pavimento de dúas rúas (aínda que son moitas as que necesitan melloras urxentes) que xa foron no seu día obxectivo de queixas, máis a día de hoxe seguen nun estado lamentable».

Unha delas é a Eduardo Pondal, que se sitúa na zona do colexio Bergantiños, e a segunda preto da anterior coñecida por unir a Av. de Malpica coa estrada de Razo , pasando preto do espazo canino, que non é outra que a Carré Aldao.

«É bastante incomprensible que se fagan continuos anuncios en canto ao arranxo das distintas vías por todo o municipio, pero que non se actúe en prácticamente ningunha delas. Estaría ben que se cumprise co prometido, dada a importancia que supón arranxar as vías de comunicación para garantir un tráfico rodado fluído e coas medidas de seguridade adecuadas. Pedimos por iso que se proceda a acondicionar os firmes descritos anteriormente o máis axiña posible», sinalaba o voceiro e candidato da formación Xesús Deus Gende.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?