Xuntos Carballo M+J denuncia o mal estado do Rego da Balsa

1 minutes read

O secretario xeral da formación, Xesús Deus Gende, xunto co responsable de zona, Marco Bardanca Mato, foron requiridos por residentes da contorna do Rego da Balsa para contrastar a información que lles chegou recentemente relativa ao pequeno regato.

«A falta de mantemento é moi evidente, vendo o actúal estado en que se atopa. O leito está invadido pola maleza e debaixo da ponte amontóase unha cantidade considerable de residuos e maleza que impide o normal tránsito do líquido elemento. Igualmente obsérvase unha árbore tirada encima da canle que impide en certa maneira un tránsito normal ou unha gaivota en estado de descomposición».

Desde Xuntos Carballo por un mundo máis xusto piden que se proceda aos labores correspondentes de limpeza e mantemento, «respectando a flora autóctona que puidese ser obxecto de protección ambiental, acabando así co deficiente estado en que se atopa». Sinala o secretario xeral da formación, Xesús Deus Gende.

Estado actual do leito do Rego da Balsa.