Xuntos Carballo M+J denuncia unha entulleira incontrolada de lixo en Cances


O secretario xeral de Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto Xesús Deus Gende, acompañado do responsable de área Marco Bardanca Mato, desprazáronse ata a parroquia de Cances para atender unha queixa veciñal que lles foi transmitida recentemente.

«É do todo incomprensible, que ninguén do goberno municipal tivese coñecemento do enorme vertedoiro que existe cerca do lugar de Vilariño, que dado o seu tamaño debe de levar moito tempo sen control algún. Montañas de entullos,rodas e infinidade de distintos residuos abarrotan un bo anaco de terreo, co consecuente dano ao medio ambiente. Mentres se segue co constante malgasto do diñeiro público, os problemas cotiáns da cidadanía seguen sen ser resoltos. É urxente que se tomen medidas para acabar con esta entulleira; por iso desde Xuntos Carballo M+J solicitamos que se proceda de maneira inmediata a realizar as xestións necesarias que poñan fin a esta irregularidade», sinalaba Xesús Deus Gende.