Xuntos Carballo M+J denuncia unha entulleira incontrolada na zona da Grela

1 minutes read

Membros da formación volven percorrer a xeografía municipal recollendo un bo número de reivindicacións. Nesta ocasión as primeiras queixas do novo ano chegaron desde Lema, Noicela, Rebordelos, Oza e San Xoán Bautista, onde os responsables das distintas zonas están en contacto directo coa cidadanía.

Esta fin de semana o secretario xeral Xesús Deus Gende e o de organización José Luis Bardanca, desprazáronse ata o lugar da Grela para atender unha queixa relacionada cunha entulleira incontrolada de lixo. »Como xa comunicamos no seu día, volvemos visitar a totalidade de parroquias e barrios que conforman o noso concello, podendo ver así se os gobernantes fixeron melloras ou seguen as númerosas deficiencias que existían. A mellor presentación para nós é estar constantemente na rúa atendendo á veciñanza; o demais é teatro para incondicionais», afirma Gende.

«Aproveitamos para solidarizarnos e estar presentes nas causas e reivindicacións que atenden ao ben común, como o lazo humano que este sábado tivo lugar na praza do concello, por parte da Asociación Española Contra o Cancro. Empezamos de novo a escoitar, a camiñar polos lugares, aldeas e barrios que sen dúbida é onde debemos estar. Por algo somos a voz do pobo», conclúe Xesús Deus Gende.