A formación municipalista Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto empeza este venres co que denominan «unha campaña personalizada».
«O que levamos facendo desde o noso nacemento alá polo 2019, é un contacto directo coa cidadanía, de aí a nosa decisión de percorrer todas as parroquias e barrios (esta vez en coche) novamente. Nesta ocasión será cada responsable parroquial o que transmita o noso programa político aos veciños e veciñas a pé de rúa, dado que son estes/as os referentes nas diferentes zonas. Temos a inmensa sorte de contar con persoas involucradas neste proxecto, que recollen as diferentes queixas e reivindicacións chegadas desde calquera punto do concello», indican desde a formación.
A agrupación convida o seu mitin central do sábado día 20 ás 20.00 horas no Fórum da Milagrosa a todo aquel que queira coñecer en primeira persoa as 104 propostas de que consta o seu programa, e igualmente contestarán a calquera dúbida ou suxerencia que se lles expoña.