Xuntos Carballo M+J escoita as demandas dos veciños de Sísamo


A formación municipalistaXuntos Carballo por un mundo máis Xusto continua visitando as parroquias e barrios da localidade, recollendo numerosas queixas veciñais, nesta ocasión en Sísamo. O secretario xeral Xesús DeusGende, o de organización José Luis Bardanca e o representante de zona Marco Bardanca Mato puideron dar fé das múltiples deficiencias transladadas polos residentes da parroquía.

Reivindicacións

O arranxo urxente solicitado en numerosas ocasións da pista que enlaza A Raiña con Figueroa, a pouca presión de auga que existe en varios lugares, o que obriga a poñer bombas de presión para o bo funcionamento nas vivendas, un horreo sen medidas de protección que se está vindo abaixo polo abandono do mesmo, unha nova marquesiña alén da estrada onde está a actual, para que os nenos non teñan que cruzar cando son recolleitos para ir ao colexio, a necesaria mellora das zonas deportivas de Ramil e A Raiña así como a petición veciñal para a traída de auga municipal nos mesmos lugares nomeados anteriormente, numerosos postes de luz que invaden as vías públicas en Figueroa e Ou Vilar, unha fonda tajea que leva causado varios incidentes en Ou Castro, lugares sen sinalización adecuada, dubidoso asfaltado de presuntas propiedades privadas que se descoñece se con tales actuacións poidan pasar a ser públicas, unha anunciada estrada que enlaza o núcleo urbano coa devandita parroquia, na que pode observarse a antigüidade de sumidoiros que poden causar danos físicos ao transitar pola mesma e cuxa data de execución é tan só outra dose de propaganda , por parte duns mandatarios municipais ancorados nunha constante mentira en canto a prazos de execución, contedores de lixo sen ancoraxe algún ou árbores que invaden propiedades privadas coas súas ramas, (en Ramil) obstruyendo canlóns e tirando follas encima dos tellados, por o que é necesario podar ao tratarse dunha especie protexida.

A todo isto únese a falta de rede de sumidoiros no novo cementado que se está levando a cabo con numerosas queixas,dado que parte dos veciños/as están estupefactos co que se está facendo sen información previa e concreta, ou con dubidosas aplicacións da normativa municipal en canto a urbanismo refírese.

«Outra vez máis recollemos numerosas queixas veciñais que nada teñen que ver co que os «excelentes xestores municipais» comunican á poboación, o que nos leva a pensar que os necesarios consellos parroquiais tan só sexan tapadeiras para acougar os ánimos dunha vecinanza consternada, e a cuxos actos, parece que acoden máis incondicionais do partido gobernante, que os veciños/as fartos de tanto engano», conclúe Xesús Deus Gende.