Xuntos Carballo M+J escoitou as demandas da veciñanza de Ardaña

1 minutes read

A formación municipalista carballesa está a ser hiperactiva na sintonía coa veciñanza desde hai varios meses, mostrándose como un referente a pé de rúa no apoio ás diferentes reclamacións veciñais de todo ámbito e que afectan ao seu día a día. Neste caso, fanse eco de dúas que lles presentan os veciños da parroquia de Ardaña. A primeira refírese á «falta de control sobre unha entulleira situada na estrada de Esteves que, a pesar de estar sinalizada, leva semanas con diferentes tipos de residuos». Piden a súa retirada e máis control sobre a zona para que deixen de producirse estas verteduras. A segunda demanda refírese a unha pista que transcorre por detrás da capela de Vivente estando esta en un estado, que segundo a formación é, «deplorable», instando a súa reparación.