30
- As queixas céntrase nunha vía do lugar coñecido como Campo Rapado
O secretario local e voceiro de Xuntos Carballo M+J, Xesús Deus Gende, xunto ao responsable de obras e servizos, José Luis Bardanca, achegouse ata a parroquia de Berdillo para coñecer de primeira man «o vergoñento estado en que se atopa a vía que xunta esta parroquia coa de Laracha». As queixas céntrase na zona máis afectada, que se sitúa nun lugar coñecido como Campo Rapado, no alto de Berdillo.
Desde a formación aseguran que este problema é consecuencia da «falta de interese e de esquecemento por parte dun consistorio inoperante e adicado máis a facer constantes retratos propagandísticos que de atender as múltiples necesidades da veciñanza».