Xuntos Carballo M+J participou no congreso nacional de ‘Por un mundo máis xusto’

1 minutes read

A pasada fin de semana varios membros da formación municipalista carballesa participaron no congreso anual do partido ‘Por un mundo máis Xusto’, celebrado na capital de España. No devandito acto puido facer uso da palabra o voceiro autonómico de M+J Galicia e así mesmo secretario xeral de Xuntos Carballo M+J Xesús Deus Gende, quen achegou o seu punto de vista desde o municipalismo e informou igualmente aos/as persoas presentes do estado no que se atopa a candidatura que se presentará ás próximas eleccións de maio. Unha lista xa pechada e con toda a documentación lista para a súa presentación no organismo competente.

«Saímos moi satisfeitos do evento, porque esta é unha organización aberta na cal calquera pode expoñer os seus diferentes puntos de vista, tan só con alzar a man e coller o micro. É enriquecedor escoitar ás diferentes persoas que interveñen, porque che achegan a realidade do día a día, desde a súa perspectiva. O que senten ou pensan en primeira persoa, as súas vivencias, os seus problemas ou as súas inquietudes. Contamos co apoio dun partido que está e estará en todo momento ao noso lado economicamente, legalmente ou administrativamente. Foron dous días de intensa actividade, que sen dúbida valeron a pena para crecer en sabedoría e coñecementos. Puidemos asistir igualmente á presentación oficial do relato político – ideolóxico e posicionamentos do partido levados a cabo no congreso. Sentimos tremendamente orgullosos de levar o nome de Carballo e de Galicia alá por onde imos», sinalaba Xesús Deus Gende.