Xuntos Carballo M+J pide a limpeza urxente de maleza en varias rúas urbanas

1 minutes read

Este xoves varios veciños achegáronse ata a sede de Xuntos Carballo M+J, aproveitando a súa inauguración na rúa Desiderio Varela 20, para rexistrar varias queixas e demandas relacionadas, sobre todo, coa maleza en varios puntos da vila e do concello como na pista que une A Alta e A Baixa en Entrecruces, dificultando o tráfico rodado e de peóns ao ser estreita. Tamén demandan labores de limpeza no casco urbano como no recentemente estreado carril bici da Vázquez de Parga ou na beirarúa que dá acceso ao centro médico.

Actuacións que desde Xuntos Carballo consideran prioritarias tendo en conta que o pasado 31 de maio rematou o prazo para o cumprimento da normativa sobre a prevención de lumes.