Xuntos Carballo M+J pide melloras na estrada de Nétoma a Vernes, na parroquia de Razo

A formación municipalista Xuntos Carballo por un mundo máis xusto, segue en pé de guerra contra as fochancas. O secretario local e voceiro Xesús Deus Gende e o responsable de seguridade, tráfico e mobilidade da formación, Perfecto Méndez Lema achegáronse ata a parroquia de Razo, para coñecer o estado en que se atopa unha vía que comunica o lugar de Nétoma co de Vernes. A estrada está chea de fondas fochancas e de maleza, que poñen en risco o tráfico rodado. A veciñanza residente na zona considera que fai falta unha actuación urxente, dado que segundo afirman este problema vén de lonxe. A indignación é máis que evidente por parte duns veciños/as fartos de agardar por unha mellora que non da chegado. Dende Xuntos Carballo M+J piden a o concello que proceda a o acondicionamento do firme e limpeza das cunetas, permitindo así unha circulación tanto de vehículos como de persoas de maneira segura.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha