- A entidade social APEM xa solicitara, de xeito presencial, o arranxo do firme no acceso á rúa Pino
O secretario local e voceiro de Xuntos Carballo M+J, Xesús Deus Gende, xunto co responsable de Seguridade, Tráfico e Mobilidade, Perfecto Méndez Lema, desprazáronse ata varios puntos do concello carballés para dar conta de varias queixas dos veciños.
Unha delas ten relación co burato dunha arqueta ao carón dunha fonte no parque do Anllóns que «pode causar graves danos aos paseantes», así como o mal estado do firme de madeira. Outra das queixas vén desde A Brea, onde piden o arranxo do arame do campo de xogos.
Para rematar, a formación tamén deu conta dos problemas que ten a entidade social APEM co transporte no acceso á rúa Pino, que enlaza co local da asociación, ao estar «nun estado vergoñento», explican. Unha demanda que xa fora solicitada con anterioridade, e de xeito presencial, por APEM recibindo unha resposta negativa parte do Concello.