- Demandan que se interveña nas rúas Santa Ana e Lagoa ou no aparcadoiro do San Martiño, entre outras zonas
Xuntos Carballo M+J solicita ao Concello o arranxo «urxente» de varias vías da vila debido a que o mal estado das mesmas, con numerosas fochancas, está «causando danos nas rodas dos vehículos e nas amortiguacións» segundo recolle a formación de varias queixas veciñais.
As intervencións máis demandadas localízanse no aparcadoiro do San Martiño, no primeiro paso de peóns da rúa Vila de Negreira, nas rúas Santa Ana e Lagoa, na pista que enlaza a rúa Compostela coa estrada de saída cara Berdillo e na rotonda da rúa do Sol.