Xuntos Carballo M+J pide que se interveña sobre puntos perigosos na Vázquez de Parga


  • En concreto son edificacións en estado de abandono nesta céntrica rúa, que poden acarrear un serio perigo para os peóns.

A primeira destas demandas sitúase a altura do número noventa e refírese a unha parede antiga en mal estado, así coma un muro de formigón que causa indignación entre a cidadanía, pois pode provocar dano en persoas no caso de que algunha pedra caia a beirarúa ou o muro ceda a o estar rachado e suxeito por unhas cintas na parte máis danada. Segundo testimonios recollidos parece ser que o causante foi un camión, pero, segundo Xuntos Carballo, ‘dende aquela nada se fixo por sinalizar o lugar ou informarlle a os donos de que arranxaran o máis axiña posible esta desfeita’.

A segunda queixa refírese as antigas vivendas dos mestres, onde están caendo un día tras outro anacos de madeira, cristais ou cemento dos edificios. As persoas que visitan a Cruz Vermella a diario, alguén da zona que vaia pasear o seu can ou cadela, ou residentes da zona que estacionan os seus vehículos moi preto, atopanse con cascallos tirados no chan sen recoller, ou co perigo dun derrubamento de material en mal estado en calquera momento. ‘Ante tal desfeita tan só se poden ver unhas vallas de plástico cun cordel do mesmo material que non cumpren para nada cunhas medidas de seguridade axeitadas. Ademais hai edificios sen portas, fiestras caendo a cachos, o que pode dar lugar a sustos, percances ou incluso graves danos persoais’, conclúen.

Dende Xuntos Carballo por un mundo máis xusto piden que de maneira urxente se sinalice correctamente os puntos descritos anteriormente, se dote de medidas de seguridade ás zonas, e se leven a cabo as actuacións pertinentes para rematar co potencial perigo que existe en ambos os lugares.