Xuntos Carballo M+J presenta 256 firmas para crear unha ludoteca e unha zona cuberta na escola de Mirón

1 minutes read

A formación municipalista Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto presentou recentemente a través do rexistro do concello 256 firmas para a creación dunha ludoteca nas antigas escolas unitarias da rúa Desiderio Varela, que fan de colexios electorais en época de eleccións. Así mesmo no escrito pídese  unha zona cuberta para que os nenos/as da escola infantil de Mirón na parroquia de Bértoa se resgarden en época de choiva, podendo saír a xogar ao exterior sen mollarse.

“A iniciativa partiu dunha nai que contactou connosco para preguntarnos se podiamos presentar o escrito. É  unha honra o facer tal xestión, aceptando encantados o encargo. Esta petición únese ao noso programa político que xa conta con 104 propostas. Sen dúbida darlle utilidade aos edificios emblemáticos que aínda quedan no noso concello e máis se cabe que fagan unha función lúdica para o benestar e aprendizaxe dos nosos nenos/as é darlles vida de novo. Dar as grazas a Dona Beatriz Seoane Bolón pola confianza depositada en nós. Pode estar segura de que loitaremos con todas as nosas forzas para que estas dúas demandas sexan atendidas”, sinalaba o voceiro e candidato da formación Xesús Deus Gende.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?