Xuntos Carballo M+J reclama ao Concello melloras na rúa Andrés Gaos

Xuntos Carballo

  • A veciñanza solicita o arranxo do firme e a limpeza de sumidoiros e maleza

Representantes da formación municipalista Xuntos Carballo M+J desprazáronse ata a rúa Andrés Gaos para recoller as queixas da veciñanza en relación ao mal estado do firme e á falta de limpeza tanto da maleza como dos sumidoiros. Tamén solicitan que se coloquen os contedores de lixo máis preto das vivendas pero nunha zona na que non se produzan malos olores.

Segundo Xuntos Carballo, as melloras desta vía ían incluídas nun proxecto de mellora de rúas por parte do Concello, pero polo momento as demandas seguen sen ser atendidas.