Xuntos Carballo M+J reclama, entre outras cousas, medidas de seguridade na rúa San Xoán Bautista

A formación municipalista Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto recibiu nos últimos días varias queixas de veciños e veciñas do centro urbano. A primeira refírese á conservación na que se atopan dúas edificacións situadas na rúa San Xoán Bautista, que están nun estado ruinoso e ameazan con virse abaixo debido ao gretadas que están, podendo por tanto causar danos importantes a persoas ou bens materiais. Cabe lembrar que esta é unha zona moi transitada a diario por persoas que usan o aparcamento do San Martiño e a Igrexa de San Xoán Bautista.

A segunda reivindicación fai referencia á marquesiña situada á beira do instituto Monte Neme que serve de acubillo aos alumnos do centro. Un dos cristais da mesma está roto, o que pode causar cortes ou danos persoais aos usuarios da mesma. Igualmente tamén lle falta un do lateral. Desde Xuntos Carballo M+J piden ao Concello que tome medidas de precaución e sinalización na mencionada rúa, que garanta un mínimo de seguridade. Do mesmo xeito que o máis axiña posible se proceda ao arranxo da citada marquesiña.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha