- Piden o remate de beirarrúas para evitar que, coas chuvias, quede imposibilitado o tránsito e que a auga non entre nas vivendas
O secretario local e voceiro de Xuntos Carballo M+J, Xesús Deus Gende, acompañado do responsable de Seguridade, Tráfico e Mobilidade, Perfecto Méndez Lema, desprazouse ata o lugar do Moucho, na parroquia de Verdillo, para «verificar» as queixas transmitidas pola veciñanza da zona que está «farta» de solicitar ao Concello o remate das beirarúas cuxa maleza imposibilita o tránsito dos peóns dificultando tamén a entrada ás vivendas en épocas de chuvia.
Outra das críticas é o mal acabamento dunha protección de cemento que, debido á súa ubicación, pode causar graves danos nos vehículos que se arrimen á cuneta. «É hora de deixar de facer demagoxia barata e empezar a tomarse en serio a seguridade vial e as carencias en vías e estradas do noso rural», afirman desde Xuntos Carballo, polo que solicitan que o goberno local «cumpra co prometido no seu día, acondicionando as beirarúas e poñendo algún sinal que protexa de posibles danos aos automóbiles que circulan ao carón da cuneta descrita anteriormente».