- Piden a recolocación de contedores na Avenida das Flores e o acondicionamento do paseo de madeira do río Anllóns
O secretario local de Xuntos Carballo M+J, Xesús Deus Gende, e o responsable de Seguridade, tráfico e mobilidade, Perfecto Méndez Lema, achegáronse ata a Avenida das Flores para recoller varias queixas veciñais en relación á actual falta de contedores de lixo na zona. Segundo a formación, varias persoas de avanzada idade teñen que desprazarse ata 100 metros para depositar os residuos e non é a primeira vez que piden ao Concello que volvan a colocar os recolectores onde sempre estiveron. Tamén reclaman a limpeza de maleza nun solar próximo ás vivendas que din «incumpre a normativa vixente».
Representantes da formación tamén se desprazaron ata o paseo do Anllóns, onde neste caso as queixas fan referencia á necesidade de acondicionar o chan de madeira que xa «causou a torcedura nun pé dun raparigo que transitaba polo mesmo».