Xuntos Carballo M+J recolle novas queixas veciñais en Lema e Noicela


O secretario xeral de Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto, Xesús Deus Gende, acompañado polo responsable de zona Fabián Aldao Sánchez recolleron novas queixas veciñais nas parroquias de Lema e Noicela.

O 28 de Agosto de 2021 a formación municipalista mandaba un comunicado, que se publicou na devandita data, que poñía de manifesto o grave problema de cobertura móbil que existía no lugar dá Chamusqueira, pertencente á parroquia de Lema. O 8 de Abril de 2022 o goberno local anunciaba que as operadoras telefónicas ían a mellorar as comunicacións e dicían o seguinte: «O que permitirá a veciñanza gozar de conexións móbiles cunha mellor cobertura no interior dos edificios, e maior extensión xeográfica». A día de hoxe no devandito lugar a cobertura segue sendo mínima ou nula, cousa que por certo persiste noutros moitos lugares do municipio.

En Noicela piden que se arranxe canto antes a estrada que une O Cabo coa xeneral que dá acceso a Baldaio. “Un ano e medio despois volvemos visitar un lugar no que non se fixo absolutamente nada por mellorar as comunicacións”. É de destacar que nesta zona existen persoas maiores con graves problemas de saúde que necesitan frecuentemente atención sanitaria, e que por tanto é fundamental un bo servizo para contactar cos profesionais da saúde pública.

Outra das demandas históricas é a falta de aparcamento onda a igrexa de Noicela, proposta incluída en infinidade de programas electorais de todas as formacións políticas, pero que a día de hoxe segue sen solución.

«Facemos un chamamento para que o concello faga as xestións necesarias para acabar con estos problemas que afectan a numerosas zonas rurais. Así mesmo é necesario o arranxo das profundas fochancas existentes no firme da vía nomeada anteriormente, pois leva meses sen arranxar», sinala Xesús Deus Gende.