0
O secretario xeral de Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto, Xesús Deus Gende, e o responsable de zona, Víctor Manuel Fraga Arantón, desprazáronse ata Sofán, Artes e a estrada que enlaza a Avda. Compostela coa rúa Verdillo, para recoller tres reivindicacións transladadas pola veciñanza. En Sofán cerca do campo de fútbol de O Carral, permanecen ao bordo da estrada uns pneumáticos de vehículo. En Artes o sinal indicativo de entrada na devandita parroquia está tirada nunha leira podrecéndose (do mesmo xeito que outra en Bértoa). Para finalizar, a vía descrita anteriormente necesita que se tape unha fonda fochanca existente na mesma, ademais doutras actuacións.