A formación municipalista Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto segue recollendo continuas reivindicacións veciñais por distintas parroquias e barrios. Nesta ocasión o secretario xeral da formación Xesús Deus Gende e o responsable de zona, Marco Bardanca Mato, desprazáronse ata Sísamo para recoller o malestar de veciños/as en referencia a diferentes deficiencias que incomodan á maioría dos habitantes onde recentemente se acondicionou con formigón.
A cidadanía non se explica como antes de acabar co firme non se retiraron os postes de luz que permanecen no medio da estrada, co perigo que iso supón. Así mesmo cren necesario que se sinalicen correctamente ou se doten de proteccións adecuadas algunhas entradas a leiras ou casas que teñen moita profundidade, pois consideran que poden causar danos importantes a quen transite pola vía.
Desde a parroquia de San Xoán Bautista resúltalles moi rechamante que na rúa Lagoa e Carpinteiros permanezan moitas lastras levantadas e soltas que causan numerosos tropezóns, sen ningún tipo de reparación. Igualmente no mesmo centro urbano, onde empeza a rúa dá Igrexa, as laxas de pedra do chan levan moito tempo rotas, ao que se unen outras na mesma zona que están sinalizadas (esta vez si) cun valo, a modo de indicación ante posibles danos.
Do funcionamento dos semáforos en varias rúas do centro e na Praza de Galicia, xa case mellor nin falar. Botan máis meses apagados que funcionando. O que conleva un risco importante para o tráfico rodado e peonil.
“Cando ves aos representantes públicos pousando para a foto orgullosos dos seus logros e ao mesmo tempo podes observar en primeira persoa como quedan os traballos un pregúntase se realmente estiveron presentes no desenvolvemento das distintas actuacións levadas a cabo”.
“Se en teoría o responsable ou os responsables teñen os coñecementos necesarios para a correcta execución das obras levadas a cabo. Como pode ser que se fagan continuas chapuzas, ou non se corrixan as diferentes deficiencias existentes?. É posible que non vexan as profundas fochancas nos pasos de peóns de Vázquez de Parga, da rúa Perú ou á beira do colexio Fogar entre outros moitos?”. “Nós seguiremos dando a coñecer todas e cada unha das reivindicacións porque somos a voz do pobo”, sinala Xesús Deus Gende.