Xuntos Carballo M+J recolle queixas na rúa Pedra Furada

  • As demandas da veciñanza céntranse no remate da vía, a sinalización horizontal na mesma e a limpeza de sumidoiros

Xuntos Carballo M+J continúa desprazándose a varios puntos do concello para recoller as demandas e necesidades da poboación. Nesta ocasión tanto o seu voceiro, Xesús Deus Gende, como o responsable de Seguridade, Tráfico e Mobilidade, Perfecto Méndez Lema, achegáronse ata a rúa Pedra Furada debido ás recentes queixas da veciñanza en relación á falta de acondicionamento do firme. A estrada foi asfaltada hai un tempo pero unha zona quedou sen rematar e agora estase deteriorando.

A veciñanza solicita tamén a sinalización horizontal na vía, a finalización da beirarrúa e a limpeza dos sumidoiros que se atopan atascados. Ademais, reclaman que se acondicionen as ramplas para acceder a baixos e garaxes xa que romperon durante as actuacións e non foron restituídas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha