Xuntos Carballo M+J recolle queixas no San Cristovo e en Sísamo

O secretario local e voceiro da formación municipalista Xesús Deus Gende e o responsable de zona para o barrio do San Cristovo e Sísamo Marco Bardanca Mato, desprazáronse ata estos dous lugares despois de recoller dúas queixas veciñais que se lle transmitiron recentemente. A primeira reinvindicación sitúase no barrio do San Cristovo, onde dende o día das cachelas de San Xoán permanece unha morea de madeira, sillóns e lixo estrado por unha finca, moi preto dun monte cheo de maleza. A veciñanza reclama que se retiren, o máis axiña posible, estos restos para evitar calquer tipo de risco. A segunda chega dende Sísamo onde persoas que empregan o aparcadoiro preto da Igrexa, observan como hai parte dun muro antigo en perigo de caída a o carón dun hórreo en estado de abandono. Dende Xuntos Carballo M+J piden a retirada urxente do refugallo situado no nomeado barrio carballés, e que se sinalice como perigosa a zona preto do estacionamento da Igrexa de Sísamo.

Restos no barrio do San Ceistovo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha